Ceos anubrados neste mércores

Ceos anubrados neste mércores

En Compostela a temperatura mínima acadará os 3ºC e a máxima chegará aos 13ºC

Tralo paso da fronte fría do martes, este mércores quedaremos nunha situación de chuvascos, con entrada de aire frío. 

Así, os ceos estarán alternando nubes e claros en xeral, con chuvascos máis probables na metade norte.

A cota de neve estará nos 1000 metros pola mañá subindo a 1200 metros pola tarde. 

As temperaturas sufrirán un moderado descenso. En Compostela a temperatura mínima acadará os 3ºC e a máxima chegará aos 13ºC.

O vento soprará frouxo de compoñente norte, con intervalos de moderado no litoral.

Comentarios
Lo más