Corte de tráfico en Noia durante a mañá

Corte de tráfico en Noia durante a mañá

Un dispositivo da Policía Local de Noia dirixirá o tráfico da zona a través das rúas Escultor Ferreiro e Porta da Vila

O Concello de Noia informa dun corte de tráfico de vehículos no Malecón de Cadarso, que terá lugar hoxe mércores 13 de marzo, de 8:00 a 14:00 horas. Un dispositivo da Policía Local de Noia dirixirá o tráfico da zona a través das rúas Escultor Ferreiro e Porta da Vila, que terá habilitado dobre sentido de circulación.

Así mesmo, facilitarase no posible o acceso dos vehículos dos comerciantes da Praza de Abastos e arredores, para tratar de paliar no posible as molestias.

O corte é debido á instalación dunha grúa de grandes dimensións nas obras do Museo do Mar de Noia, que se están acometendo nestes momentos. O dispositivo de mañá servirá tamén para medir os tempos da actuación de cara a minimizar as molestias aos condutores nas próximas semanas, xa que será preciso realizar actuacións semellantes.

Comentarios