A Marea de Noia organiza un Faladoiro sobre Igualdade, Benestar e Sanidade

A Marea de Noia organiza un Faladoiro sobre Igualdade, Benestar e Sanidade
A Marea de Noia organiza un Faladoiro sobre Igualdade, Benestar e Sanidade

Este acto enmárcase na lista de Faladoiros Abertos propostos pola Marea Cidadá de Noia sobre os distintos eixos programáticos

O segundo Faladoiro Aberto da Marea Cidadá de Noia terá lugar no Hostal Valadares, o próximo mércores 13 de marzo ás 20:30 horas 

Tralo exitoso Faladoiro sobre Turismo organizado pola Marea Cidadá de Noia o pasado mércores 20 de febreiro, a organización noiesa convoca un segundo Faladoiro sobre Igualdade, Benestar e Sanidade.

A Marea Cidadá entende que estes tres eixos son unha prioridade na política municipal, e que é unha obriga escoitar tanto a visión de técnicos como as dos veciños e veciñas á hora de propor políticas concretas no Concello.

Convidadas a este Faladoiro están a nai e mariscadora María Martínez, a compañeira da Marea Cidadá de Noia e doutora no Sergas Marisé López, a Concelleira de Igualdade da Pobra Charo Varela e a Tenente Alcalde do Concello de Ames Genma Otero. O acto será presentado por José Romarís.

Este acto enmárcase na lista de Faladoiros Abertos propostos pola Marea Cidadá de Noia sobre os distintos eixos programáticos a abordar cara as eleccións municipais de maio de 2019.

Comentarios
Lo más