Óscar Vila, nomeado candidato do PSOE á alcaLdía no Pino

Óscar Vila, nomeado candidato do PSOE á alcaLdía no Pino
Óscar Vila, nomeado candidato do PSOE á alcaLdía no Pino

O socialista defende un programa electoral “ambicioso, crible e viable, nunca prometer imposibles”

Os militantes da agrupación socialista de O Pino elixiron por unanimidade na asamblea a Óscar Vilar Chento candidato á alcaldía do concello.

Vilar defende un programa electoral “ambicioso, crible e viable, nunca prometer imposibles”. O candidato do PSdeG mantivo unha reunión de traballo co secretario xeral dos socialistas da provincia, Valentín González Formoso, para explicarlle o seu proxecto.

“Calquera compañeiro ou compañeira podería ser cabeza de cartel, ninguén é máis que ninguén, agradezo que a agrupación local recoñeza a adicación e o traballo o longo deste últimos catro anos”, sostén.

Neste momento, Óscar Villar traballa, xunto a executiva local, na elaboración da lista. Apostará por xente comprometida polo concello e apunta que “para facer política local non é necesario ningún carné, tan só necesitamos xente que aposte por mudar as cousas, que aposte por uns mellores servizos públicos, que defenda o noso medio e as nosas fontes de riqueza ligados o sector forestal, agrogandeiro, comercio, e como non, o turístico relacionado co Camiño de Santiago”.

Vilar, de 44 anos, casado e cunha filla, é veciño de O Pino dende o 2006 e concelleiro socialista dende o ano 2014. A gran parte da súa carreira profesional sempre estivo vinculada co sector da seguridade privada.

O candidato do PSdeG está moi comprometido co deporte e a vida saudable, xa que foi un dos socios fundadores, e ata hai pouco tamén presidente, do Club Ciclista MontaeVai O Pino.

Comentarios
Lo más