Catro feridos leves nunha saída de vía en Rois

Catro feridos leves nunha saída de vía en Rois
Catro feridos leves nunha saída de vía en Rois

Os servizos sanitarios confirmaron que foron trasladados catro feridos leves ao centro hospitalario de referencia

Minutos antes das 22:00 horas da noite de onte, unha persoa particular púxose en contacto co 112 Galicia para informar dunha saída de vía na parroquia coruñesa de Santa María de Ribasar, ao paso pola localidade do Sisto, en Rois.

De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia avisaron ao 061-Urxencias Sanitarias, ao GES de Padrón, á Garda Civil de Tráfico e tamén aos voluntarios de Protección Civil da localidade.

Tras rematar a intervención, os servizos sanitarios confirmaron que foron trasladados catro feridos leves ao centro hospitalario de referencia.

Comentarios
Lo más