Unha colisión entre un turismo e unha furgoneta en Lugo sáldase con tres feridos

Unha colisión entre un turismo e unha furgoneta en Lugo sáldase con tres feridos
Unha colisión entre un turismo e unha furgoneta en Lugo sáldase con tres feridos

Os ocupantes do turismo atopábanse feridos de diversa consideración, aínda que liberados e accesibles

Unha colisión entre un coche e unha furgoneta na Avenida Infanta Elena Duquesa de Lugo saldouse con tres feridos trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti.

Ao redor das 20:30 horas tamén da noite de onte, os xestores do 112 Galicia tiveron constancia dunha colisión entre os citados vehículos no cruce coa Rúa Paulo Fábio Máximo. De acordo á información recibida, os ocupantes do turismo atopábanse feridos de diversa consideración, aínda que liberados e accesibles.

Desde o CIAE 112 Galicia deuse aviso aos Bombeiros de Lugo, á Garda Civil, Policía Local e tamén aos voluntarios de Protección Civil. Os efectivos sanitarios encontrábanse no local do accidente que, finalmente, confirmaron o traslado dos tres ocupantes do turismo.

Comentarios
Lo más