Evacúan a unha nai e a súa filla despois de producirse unha colisión múltiple en Oleiros

Evacúan a unha nai e a súa filla despois de producirse unha colisión múltiple en Oleiros

Interviñeron os servizos sanitarios, os Bombeiros de Arteixo, a Policía Local e os voluntarios de Protección Civil da localidade

Unha nai tivo que ser evacuada en ambulancia xunto coa súa filla tras producirse unha colisión múltiple en Oleiros.

Segundo puido saber o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias, foron tres os coches implicados na colisión, que tivo lugar uns minutos antes das 20:00 horas de onte, na Avenida Ernesto “Che” Guevara, na parroquia coruñesa de Santaia de Liáns.

Interviñeron os servizos sanitarios, os Bombeiros de Arteixo, a Policía Local e os voluntarios de Protección Civil da localidade tamén foron informados do suceso polo 112 Galicia por se fose necesaria a súa colaboración.

Comentarios