Saída de vía na AP-9, na ponte da Ría de Pontevedra

Saída de vía na AP-9, na ponte da Ría de Pontevedra
Saída de vía na AP-9, na ponte da Ría de Pontevedra

Os membros do Servizo de Protección e Extinción de Incendios e Salvamento descartaron o uso do material de excarceración

Unha muller necesitou ser evacuada en ambulancia ao saíse da vía o coche no que viaxaba, en Pontevedra.

O accidente ocorreu ao redor das 21:30 horas da pasada noite na ponte da Ría dirección Vigo. Tras recibir a alerta a través da chamada de varias persoas particulares, que informaban que a ocupante do vehículo podía estar atrapada despois de dar varias voltas de campá, os xestores do 112 Galicia solicitaron a intervención do 061- Urxencias Sanitarias, dos Bombeiros de Pontevedra, da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local, dos voluntarios de Protección Civil e do servizo de mantemento das estradas.

Finalmente, os membros do Servizo de Protección e Extinción de Incendios e Salvamento descartaron o uso do material de excarceración pois, a ferida, encontrábase accesible e puido ser evacuada e trasladada polos servizos sanitarios ao centro hospitalario de referencia. 

Comentarios
Lo más