A Biblioteca Afundación de Santiago acolle a presentación de "A gotiña viaxeira"

A Biblioteca Afundación de Santiago acolle a presentación de "A gotiña viaxeira"

A obra é un conto de Tono Núñez ilustrado por Miguel Anxo Macía e editado por Fervenza

A Biblioteca Afundación de Santiago de Compostela acollerá hoxe, mércores 14 de marzo, ás 19:30 horas a presentación do libro A gotiña viaxeira. No acto estarán presentes, ademais de Tono Núñez, autor do conto, Armando Requeixo, profesor, escritor e crítico literario, e Anxo Lorenzo, director xeral de Políticas Culturais.

A GOTIÑA VIAXEIRA

A partir de cada unha das etapas do ciclo da auga, Tono Núñez construíu un relato infantil no que unha gota de mar se evapora, se integra nunha nube e acaba regresando, tras ser parte da chuvia, ao mar de onde un día partira. 

Complementado por un DVD no que se relata a historia e se interpreta o poema final musicado, este libro constitúe unha guía para que os máis pequenos aprendan a importancia da auga como ben imprescindible para a vida.

Foméntase, desta forma, a conxunción dunha proposta de carácter lúdico cun consistente fondo didáctico, en consonancia cos principios que marcan as actividades para escolares que presenta ou acolle Afundación.

Comentarios