Bascuas propón recuperar a Compostela Cup do Camiño no 2021

Bascuas propón recuperar a Compostela Cup do Camiño no 2021

Bascuas apunta a necesidade dun campo de fútbol base en San Lázaro, tal e como estaba previsto dende un principio

Xoán Bascuas, candidato de Compromiso por Galicia nas próximas eleccións locais, aposta por organizar de novo esta competición que tiña tanto seguimento e participación.

Así mesmo propón que se recupere a Fundación Compostela Deporte, unha ferramenta moi útil para o conxunto dos clubs da cidade, tanto para os afeccionados como os semiprofesionais. “Esta institución foi de grande utilidade na captación de fondos privados e públicos para o desenvolvemento da actividade deportiva do Concello”.

A Fundación podería aglutinar toda a xestión das actividades deportivas que a día de hoxe se encontran repartidas entre o Departamento de Deportes e diferentes Federacións. Bascuas apunta a necesidade dun campo de fútbol base en San Lázaro, tal e como estaba previsto dende un principio, e ver como conciliar as infraestruturas futbolísticas coas novas da chamada Cidade da Raqueta “que, por certo, non contemplan pistas de tenis en terra batida, que non existen no Concello”.

Compromiso por Galicia aposta por recuperar os campos de fútbol do rural compostelán.

“Dende Compromiso cremos que este Concello precisa ter unha planificación deportiva e unha xestión dos recursos e dos espazos deportivos, algo que a día de hoxe brilla pola súa ausencia”, conclúen os galeguistas.


Comentarios