A Facultade compostelá de Matemáticas implícase no Día Pi

A Facultade compostelá de Matemáticas implícase no Día Pi
A Facultade compostelá de Matemáticas implícase no Día Pi

Para fomentar a participación na actividade, dende a organización estatal outórganse diversos premios

Con motivo da celebración do Día Pi o 14 de marzo, a Asamblea Nacional de Estudiantes de Matemáticas (ANEM) organiza un concurso estatal para estudantes de grao, mestrado e doutoramento sobre coñecemento e habilidades matemáticas que se desenvolve este días de maneira simultánea en numerosas universidades españolas, entre elas a de Santiago de Compostela. 

No caso da USC, a coordinación do evento recae na Facultade de Matemáticas e, en concreto, nos doutorandos da facultade Jorge Albella Martínez, Beatriz Álvarez Díaz, Daniel Cao Labora e Pilar Paéz Guillán. 

Para fomentar a participación na actividade, dende a organización estatal outórganse diversos premios, aos que en Santiago hai que sumarlle outro consistente nun vale en xogos de enxeño ao equipo da USC que acade a maior puntuación. 

Comentarios