Influencia do anticiclón durante este xoves

Influencia do anticiclón durante este xoves
Influencia do anticiclón durante este xoves

En Compostela a temperatura mínima acadará os 3ºC e a máxima os 15ºC

O xoves Galicia estará baixo a influencia dun anticiclón situado entre Azores e a península Ibérica. 

Polo tanto, teremos un día de ceos pouco anubrados ou despexados, con néboas matinais en comarcas do interior e intervalos de nubes e claros no litoral norte. 

As temperaturas mínimas quedarán sen cambios ou con lixeiros descensos, mentres que as máximas ascenderán lixeiramente. En Compostela a temperatura mínima acadará os 3ºC e a máxima os 15ºC.

O vento soprará frouxo de compoñente oeste.

Comentarios
Lo más