Críticas do Partido Popular de Ames pola convocatoria do Consello Escolar cunha hora de duración

Críticas do Partido Popular de Ames pola convocatoria do Consello Escolar cunha hora de duración
Críticas do Partido Popular de Ames pola convocatoria do Consello Escolar cunha hora de duración

O pasado luns, o Concelleiro do BNG, David Santomil, achegaba a convocatoria, indicando a hora de inicio ás 18.30 horas en segunda convocatoria e a hora de fin ás 19.30 horas

O pasado luns 11 de marzo, os diferentes grupos municipais do consistorio amesá, recibían por correo electrónico a convocatoria do Consello Escolar de Ames. No propio correo, asinado polo Concelleiro de educación David Santomil, comentaba que “como coincide no día co Pleno do Concello Extraordinario de Orzamentos 2019 está previsto que o Consello Escolar dure como máximo 1 hora”.

Pola súa banda, os populares, volven a falar do Goberno tripartito como" un Goberno desorganizado, con falta de previsión e sobre todo, de comunicación". 

Sen dúbida, o Consello Escolar, é unha cita importante da comunidade educativa e representantes políticos teñen ocasión de falar sobre cuestións do día a día nos diferentes centros.

Dende o Partido Popular entenden que son moitas as cuestións a tratar neste eido "cun Concelleiro que aproveitan para lembrar que xa foi reprobado polo Pleno Municipal no ano 2017". Lembran ademais, que este ano ten se cadra, maior contido, polo feito de que o pasado ano 90 rapaces quedaran fóra dos comedores escolares, así como pola acumulación de recibos nas cotas mensuais dos servizos de conciliación que se producía o pasado outono, que provocou que algunhas familias acumularan máis de 700 euros por "un incumprimento do propio Concelleiro nos prazos de envío dos recibos, que tal e como figura no regulamento deberan xirarse a mes vencido".

Xa por último, dende o Partido Popular mostran o seu enfado polo que califican unha falta de respeto á comunidade educativa de Ames, na que sen lugar a dúbidas, os partidos de esquerdas" autodefinidos como partidos de consenso e nos que priman os servizos públicos, parecen esquecer o seu argumentario e optan por coartar a intervención dos diferentes representantes a través dunha limitación horaria sen precedentes".

Comentarios