O canal xaponés TBS visitará Ribeira na última semana de marzo

O canal xaponés TBS visitará Ribeira na última semana de marzo
O canal xaponés TBS visitará Ribeira na última semana de marzo

A chegada da televisión nipona está programada para a semana do 25 de marzo.

O municipio de Ribeira e particularmente os seus recursos e infraestruturas ligadas co mundo do mar recibiron o interese da televisión privada máis vista en Xapón, TBS (Tokyo Broadcasting System), que desprazará un equipo a finais deste mes para gravar un capítulo centrado neste tema.

O programa chámase “Sekai kurabete mireba” (pódese traducir como “Comparación co mundo) e ten unha audiencia de 1,5 millóns de persoas (web: http://www.tbs.co.jp/sekakura/). De carácter semanal, cada episodio compara diversos países do planeta en relación a unha temática determinada (por exemplo, o ocio nocturno entre Xapón, Estados Unidos, Tailandia e a Federación Rusa; os grandes supermercados entre China e os Estados Unidos; as estacións de televisión entre Tailandia, Perú e Senegal, etc…).

MERCADO E PORTO

Desta vez a temática seleccionada para o capítulo son os portos, mercados e pescadores e os países escollidos, España e República de Maldivas. Respecto a España, decantáronse por Riveira como escenario co que representar este sector no noso país e con tal motivo teñen previsto filmar en lugares como o mercado municipal e o porto riveirense ademais de abordar o traballo dos percebeiros sen esquecerse da vertente gastronómica visitando algún negocio de restauración local.

Comentarios
Lo más