O Concello de Silleda e o Santiago Futsal presentan “Futsal para todos”

O Concello de Silleda e o Santiago Futsal presentan “Futsal para todos”

O proxecto levará a cabo na súa fase inicial de Marzo a Xuño de 2019

Este mércores día 13 presentouse en Silleda un proxecto conxunto entre o Concello e o Santiago Futsal para realizar diferentes accións e iniciativas ao longo deste ano 2019 centrados na localidade de Bandeira.

No acto, presentado polo alcalde de Silleda, Manuel Cuíña Fernández e coa presenza das concelleiras Ana Luisa González (Deportes), Pili Peón ( Benestar e Igualdade) e o Presidente do Santiago Futsal D. Ramón García Seara, mostrouse o programa “ Futsal para todos. Integración e valores a través do deporte”, que ten como obxectivo fomentar a inclusión a través do deporte.

O proxecto, na súa fase inicial, desenvolverase entre os meses de Marzo e Xuño deste ano 2019 e a proposta abarca actividades relacionadas co fútbol sala dirixidas para mozos e adultos da comarca.

Charlas en centros educativos, xornadas de convivencia co primeiro equipo, a preparación previa a un partido oficial ao que poderán asistir como convidados ou adestramentos periódicos dirixidos por técnicos do club son algunhas das accións que levarán a cabo grazas á colaboración de ambas as partes.

Incluirá tamén a creación dun torneo local de futbol sala para adultos que se organizará no mes de Xuño e destacar a celebración dun partido amigable internacional que enfrontará ao Santiago Futsal e ao Bork Bullet KitaKyushu, que actualmente milita en F League 2 de Xapón.

O alcalde de Silleda, Manuel Cuíña Fernández, declarou na presentación que “é unha satisfacción aumentar a oferta da escolas deportivas coa presenza dunha institución como o Santiago Futsal nun deporte que ten moitos seguidores en Silleda”

Pola súa banda D. Ramón García Seara, Presidente do Santiago Futsal expresou que “estamos moi contentos de colaborar co Concello de Silleda no que cremos que será un proxecto moi estimulante para o deporte da zona”.

Comentarios