As Novas Xeracións do PP "ridiculiza" a campaña de XSE do colchón hinchable

As Novas Xeracións do PP "ridiculiza" a campaña de XSE do colchón hinchable
As Novas Xeracións do PP "ridiculiza" a campaña de XSE do colchón hinchable

Para o presidente das mocidades do PPdeG “a cutrez do colchón hinchable probablemente sexa debida aos recortes do 20% dos Presupostos Xerais do Estado para Galicia"

O presidente de Novas Xeracións de Galicia, Adrián Pardo "ridiculiza" a campaña emprendida polas Xuventudes Socialistas de pasear un colchón hinchable co lema “Hazlo con Sánchez”.

Para o presidente das mocidades do PPdeG “a cutrez do colchón hinchable probablemente sexa debida aos recortes do 20% dos Presupostos Xerais do Estado para Galicia, que non lles deu para mercar un en condicións... probablemente o colchón que paseen en Cataluña será viscoelástico grazas a ese aumento do 60% nos PXE co que Pedro Sánchez paga o apoio dos independentistas”.

Pardo asegura tamén que “a mocidade galega é máis de facelo de forma segura... como ocorreu nas eleccións autonómicas do 2016, e apostan por  `facer a marcha atrás ́ con Sánchez nas vindeiras eleccións”. “Frivolizar co tema do colchón e frivolizar a desidia do Goberno socialista con Galicia, onde nunca veu en 7 meses como Presidente do Goberno”.

Finalmente, dende NNXX Galicia creen necesario “volver a mudar o colchón para limpalo de ácaros independentistas e populistas”.

Comentarios