Xa se están levando a cabo as tarefas de limpeza das pintadas na Catedral

Xa se están levando a cabo as tarefas de limpeza das pintadas na Catedral

Segundo informan dende a Catedral, estase a utilizar o método menos agresivo para actuar e estase comezando cos traballos de eliminación da pintura

Os traballos de limpeza das pintadas, que se fixeron na madrugada do luns ao martes na escalinata da Catedral e noustras zonas da contorna da Catedral, xa se están levando a cabo.

Segundo informan dende a Catedral a COMPOSTELA24HORAS, estase a utilizar o método menos agresivo para actuar e estase comezando cos traballos de eliminación da pintura. 

Dada a delicadeza da pedra onde se pintaron as reivindicacións, o traballo require un xeito de limpar moi coidadoso porque ten que ser o menos agresivo posible coa pedra. Trátase dun traballo moi minucioso que vai levar varios días para rematalo.

Estanse tendo en conta tamén que as condicións climatolóxicas sean as idóneas para levar a cabo esta laboriosa tarefa de limpeza.

Comentarios