Os operarios do novo centro de saúde de Milladoiro paran as obras polos impagos da empresa

Os operarios do novo centro de saúde de Milladoiro paran as obras polos impagos da empresa
Os operarios do novo centro de saúde de Milladoiro paran as obras polos impagos da empresa

Denuncian que levan un mes sen cobrar e que non se están a dar solucións para poder atallar da mellor maneira esta situación

  • O pasado mes de xuño de 2018 comezaba en Milladoiro, despois dun periplo de moitos anos, a construcción do novo centro de saúde. Unha demanda por parte da veciñanza amesá dende fai bastante tempo e que finalmente se facía realidade o ano pasado.

A inversión por parte da Xunta de Galicia é de 2,3 millóns de euros e a empresa encargada da construcción é Ramírez Construcciones S.L. As obras comezaron cun bo arranque pero, agora, parece que pode haber problemas para súa continuidade.

  • Esta mañá os traballadores pararon as obras para mostrar a súa queixa ante os impagos por parte da empresa. Denuncian que levan un mes sen cobrar e que non se están a dar solucións para poder atallar da mellor maneira esta situación. 

COMPOSTELA24HORAS.COM púxoxe en contacto coa empresa no que afirmaban que "descoñecían a situación" e o xefe de obra non quixo facer declaracións sobre a problemática xurdida.

Blas García, concelleiro de Urbanismo e Obras Públicas, acercouse esta mesma mañá para coñecer de primeira man as queixas dos operarios.

Comentarios