Huelga de médicos de atención primaria 9, 10 y 11 de abril

Huelga de médicos de atención primaria 9, 10 y 11 de abril
Foto de arquivo
Huelga de médicos de atención primaria 9, 10 y 11 de abril

Haberá unha ronda de contactos para conseguir un maior respaldo á folga

Durante unha reunión celebrada en Santiago de Compostela, a Coordinadora Galega de Atención Primaria acordou a convocatoria da folga xeral para os días 9, 10 e 11 de abril. Haberá unha ronda de contactos con sindicatos, a Fegamp, as sociedades cienctíficas e os colexios de médicos para conseguir o maior respaldo. Tamén se propuxo facer unha invitación formal aos xefes de servizo de todas as áreas sanitarias de Glaicia a repetir a renuncia irrevocable dos xefes de servizo de Vigo. E ademáis propuxéronse realizar accións para denunciar a situación da atención primaria como non acoller novos residentes, evaluar condicións actuais das Unidades Docentes ou levar a cabo actos de protesta.

Pola súa parte, os médicos de Vigo celebraron tamén outra asamblea na sede do Colexio Médico na que se votou unánimemente facer folga eses mesmos días. Tamén, xefes de servizo e unidade anunciaron aos seus compañeiros a súa dimisión en bloque de maneira efectiva e irrevocable.

O pasado 28 de febreiro, médicos de atención primaria da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés acordaron sumarse á folga. Tamén se solicitou a dimisión de os xefes de servizo e de unidade da área. O mércores da semana que ven, deciden os médicos de Ourense se sumarse ou non á folga.

Na área sanitaria de A Coruña fixeron concentracións diante dos ambulatorios para reclamar, entre outras cousas, reforzo de persoal e poder facer frente á sobrecarga asistencial. A coordinadora coruñesa celebrará unha asamblea na que se decidirán as próximas medias de presión: ademáis da folga, accións como non firmar os obxectivos de actividade con Sanidade ou renunciar á tutorización dos médicos residentes.

Comentarios