Oroso acollerá o domingo 2 de xuño a última etapa da volta ciclista á provincia da Coruña

Oroso acollerá o domingo 2 de xuño a última etapa da volta ciclista á provincia da Coruña

“Para todos os veciños e veciñas de Oroso, é un orgullo e un motivo de ledicia que a Deputación Provincial da Coruña e a Federación Galega de Ciclismo escolleran o noso concello como punto de chegada da etapa final da Volta Ciclista á provincia da Coruña”

Oroso será este ano a meta da última etapa da volta ciclista á provincia da Coruña, que rematará en Sigüeiro o día 2 de xuño.

O concelleiro de Deportes de Oroso, Luis Rey, e o deputado provincial Antonio Leira, mantiveron unha reunión coa Federación Galega de Ciclismo, representada polo seu presidente, Juan Carlos Muñiz, e o seu director deportivo, Guillermo Sande, para concretar os detalles da organización da etapa.

“Para todos os veciños e veciñas de Oroso, é un orgullo e un motivo de ledicia que a Deputación Provincial da Coruña e a Federación Galega de Ciclismo escolleran o noso concello como punto de chegada da etapa final da Volta Ciclista á provincia da Coruña”, asegura o alcalde de Oroso, Manuel Mirás.

Xa pasaron tres lustros desde que os participantes nesta proba percorreron por primeira vez as estradas da provincia. Máis de cen ciclistas dunha quincena de equipos converten cada primaveira esta volta nun evento xa consolidado no calendario de deporte galego.

“O feito de que Oroso sexa este ano protagonista da etapa final é tamén unha oportunidade, somos un concello acolledor con moito que ofrecer desde o punto de visto paixasístico, patrimonial e gastronómico”, afirma Luis Rey.

En opinión do concelleiro de Deportes de Oroso, “a promoción dos valores do deporte debe ser unha das funcións principais dun goberno local; desde o Concello queremos contribuír a elo, e por iso traballaremos ao máximo para que o 2 de xuño a nosa vila sexa a capital do ciclismo galego”.

Á marxe da proba e como xa é tradicional cada ano, a organización da volta ciclista levará ás rúas diferentes actividades para os máis pequenos e o Concello de Oroso fará todo o posible para que pasen unas horas de diversión, mentres agardan pola chegada dos ciclistas.

Comentarios