Os datos do Ministerio do Interior indican que Ames é o segundo concello máis seguro de toda Galicia e o décimo sétimo de España

Os datos do Ministerio do Interior indican que Ames é o segundo concello máis seguro de toda Galicia e o décimo sétimo de España
Os datos do Ministerio do Interior indican que Ames é o segundo concello máis seguro de toda Galicia e o décimo sétimo de España

Entre os concellos de máis de 30.000 habitantes Ames tan só é superado por Narón en Galicia, situándose no posto décimo sétimo de España en menor número de delitos penais

O Concello de Ames fai balance dos datos estatísticos achegados polo Ministerio do Interior, en relación á seguridade do municipio, que pasa por ser o segundo con menor índice de criminalidade de toda Galicia. Os datos extrapolados da páxina web oficial do Ministerio do Interior amosan que Ames, no exercicio 2018, tivo un total de 943 infraccións por delitos penais. Entre os concellos de máis de 30.000 habitantes Ames tan só é superado por Narón en Galicia, situándose no posto décimo sétimo de España en menor número de delitos penais.

Os datos do Ministerio de Interior amosan que ao longo do 2018, o concello de Ames, en comparativa a municipios de similar número de habitantes como Arteixo, Oleiros, Narón, Carballo ou Vilagarcía, é o concello de Galicia con menor número de furtos, e o segundo municipio que ten menor número de roubos con forza en domicilios e establecementos, obtendo cifras moi similares a Narón que é o primeiro. Ames ten un 30,1% de infraccións por cada 1.000 habitantes.

Respecto a 2017, no exercicio 2018 houbo un incremento do 8% nas infraccións penais. Dito incremento debeuse principalmente á presenza de novos delitos vinculados ás novas tecnoloxías e Internet, que si están a experimentar un incremento, tanto en Ames como en todo o territorio nacional. Así, en 2017 contabilizáronse 873 infraccións penais e en 2018 rexistráronse 943. A pesar de que houbo un incremento no número total de infraccións penais, rexistrouse un importante descenso nos principais ítems que se teñen en conta no índice de criminalidade.

O alcalde de Ames, José Miñones, explica que "os datos oficiais do Ministerio do Interior amosan que o 2018 foi o ano máis seguro no noso concello o cal é unha moi boa nova, despois do alarmismo creado de xeito interesado. A estadística sitúanos como o segundo concello de Galicia e o décimo sétimo de toda España con menos infraccións penais, sendo o concello con menor número de furtos, subtraccións de vehículos ou roubos con intimidación de toda Galicia, o cal amosa a boa labor que se está a facer por parte dos corpos de seguridade que operan en Ames e na súa comarca”.

Descenso no número de delitos respecto de 2017

Deste xeito, respecto o exercicio 2017, cómpre salientar o descendo nun 40% dos delitos graves; nun 50% os delitos contra a liberdade; nun 100% dos roubos con violencia e intimidación; nun 13,80% nos roubos con forza en domicilios e establecementos; nun 18% os roubos con forza en domicilios; nun 13,80% o número de furtos; nun 91,70 o número de subtraccións de vehículos; e nun 150% as infraccións por tráfico de drogas.

Durante o pasado ano 2018, houbo 3 delitos graves e menos graves de lesiones y rifa tumultuaria; 4 delitos contra a liberdade e indemnidade sexual; 50 roubos con forza en domicilios, establecementos e outras instalacións; 41 roubos con forza en domicilios; 119 furtos; 1 infracción por subtraccións de vehículos; e 5 infraccións por tráfico de drogas. Ademais, non houbo ningún caso de homicidios; secuestros; e roubos con violencia e intimidación.

No referente aos furtos, houbo 119 casos (19 menos que en 2017), de xeito que Ames segue a ser un dos concellos de Galicia con menor número de furtos. Os roubos con forza en domicilios, establecementos e outras instalacións foi de 50 (8 menos que en 2017), situándose case a par que o concello de Narón que tivo 49 casos en 2018.

Para o alcalde "o feito de que haxa un só delito no noso Concello obríganos a seguir traballando e aínda que a seguridade ao 100% non se pode ter, si queremos que o porcentaxe siga a diminuír como neste ano. O Concello está a traballar na instalación de novas cámaras de seguridade naqueles puntos de maior incidencia e ten solicitado a súa implantación á Delegación do Goberno e á Comisión avaliadora, co obxectivo de poder ampliar a seguridade do municipio. Ademais, solicitarase unha nova Xunta Local de Seguridade antes de final do mandato, que serva para coñecer os datos oficiais do Cuartel da Garda Civil, así como de cara a coordinar unha campaña informativa sobre os delitos na Internet”.

Comentarios
Lo más