O Concello de Ames anima a participar no X Seminario Internacional de Materiais didácticos sobre Robótica Educativa

O Concello de Ames anima a participar no X Seminario Internacional de Materiais didácticos sobre Robótica Educativa
O Concello de Ames anima a participar no X Seminario Internacional de Materiais didácticos sobre Robótica Educativa

Está dirixido aos docentes dos centros escolares, así como ao conxunto da veciñanza amesá. Aborda cuestións de grande interese como é a robótica e mailas TIC

O concello de Ames acolle os días 29 e 30 de marzo o X Seminario Internacional de Avaliación de Materiais Didácticos. Nestas xornadas, que se celebrarán no Pazo da Peregrina e na Casa da Cultura de Bertamiráns, abordarase que facer cos robots nas escolas e nos fogares. A inscrición no seminario está aberta ata este venres 15 de marzo. A entrada será de balde previa inscrición. O encontro está aberto a todo o público. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o folleto informativo do Seminario.

Conscientes da necesaria formación en metodoloxías STEM e partindo de que a escola é un espazo de aprendizaxe na que debe realizarse un tratamento reflexivo, crítico e innovador dos avances tecnolóxicos e científicos, esta actividade nace coa finalidade de ofrecer un espazo de encontro para o profesorado e a comunidade educativa (familias, outros/as profesionais…) co fin de favorecer a análise e utilización crítica dos robots nas aulas de educación infantil, primaria e secundaria.

Este Seminario internacional está organizado pola Nova Escola Galega, o Grupo de investigación en materiais educativos CAVILA e o Concello de Ames. Está dirixido aos docentes dos centros escolares, así como ao conxunto da veciñanza amesá. Aborda cuestións de grande interese como é a robótica e mailas TIC. Ademais, permitirá afondar na utilización da robótica tanto nos colexios como nos fogares e nas metodoloxías STEM.

Entre os obxectivos deste encontro están: coñecer as tipoloxías de robots e estratexias metodolóxicas para utilizar estes recursos en diferentes etapas educativas; e tomar decisións construtivas respecto do uso dos considerados robots educativos no contextos escolar.

Comentarios
Lo más