CxG reúnesea coa asociación de veciños de O Eixo

CxG reúnesea coa asociación de veciños de O Eixo
CxG reúnesea coa asociación de veciños de O Eixo

Dende a Asociación Veciñal apuntan o abandono que están a sufrir dende os sucesivos gobernos municipais, xa que en oito anos non se fixo ningún tipo de actuación de relevancia na parroquia

Xoán Bascuas, candidato de Compromiso por Galicia nas vindeiras eleccións locais, e representantes da Asociación Veciñal O Eixo mantiveron unha xuntanza na que trataron as demandas, inquedanzas e distintas problemáticas que está a sufrir a veciñanza. 

Deste xeito, unha delegación da Executiva local de Compromiso tivo ocasión de coñecer de primeira man a situación actual dos dintintas problemas e falta de investimento no barrio. Dende a Asociación Veciñal apuntan o abandono que están a sufrir dende os sucesivos gobernos municipais, xa que en oito anos non se fixo ningún tipo de actuación de relevancia na parroquia.

A directiva da AVV. O Eixo tamén lle comunicou aos galeguistas a ausencia de abastecemento e saneamento en varias zonas, así como a falta de transporte urbano, xa que non chegua até O Eixo, o que fai que se dependa exclusivamente dos vehículos privados.

Outra das demandas é a do alumeado público, que debería de mellorarse tanto en número como en calidade.

Ademais demandan que na N-550 se poñan un mínimo de tres pasos de peóns ás altura do Eixo xa que na actualidade para poder cruzar teñen que percorrer grandes distancias.

Dende Compromiso apoian as demandas e apoia as reivindicacións que fan dende a AVV O Eixo e piden o Concello que atenda as mesmas, "non se pode permitir que algo tan básico como o abastecemento e o saneamento, ou o transporte público non estea cuberto nunha parroquia a tres quilómetros do centro e que fai parte do Camiño de Santiago".

Comentarios
Lo más