Unha persoa cae do tellado dunha vivenda en Val do Dubra

Foto de arquivo
Unha persoa cae do tellado dunha vivenda en Val do Dubra

Sucedeu pasados uns minutos das 16:30 horas

Pasados uns minutos da 16:30 horas unha persoa particular chamaba ao 112 Galicia pedindo asistencia para unha persoa que caera do tellado dunha vivenda no concello de Val de Dubra, concretamente na parroquia de Portomouro. 

Con estes datos, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia pasouse aviso ao 061-Urxencias Sanitarias que desprazou ata o lugar o helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela. Así mesmo púxose o suceso en coñecemento dos membros de Protección Civil da localidade.

Comentarios