Segunda edición da Semana da Novela Negra no barrio de San Pedro

Segunda edición da Semana da Novela Negra no barrio de San Pedro
Segunda edición da Semana da Novela Negra no barrio de San Pedro

Do 29 de marzo ao 7 de abril desenvolveranse coloquios, debates, proxeccións, performance e presentacións literarias de prestixiosos/as autoras/es con este xénero literario como fío condutor. Como aperitivo volvemos propoñer un misterio a resolver, presente na rúa dende o día 14 marzo

O barrio de San Pedro será o escenario, entre o venres 29 de marzo e o domingo 7 de abril, do segundo capítulo da SEMANA DA NOVELA NEGRA, unha iniciativa promovida por Libraría Pedreira e que contará cunha serie de actividades arredor deste xénero. Levaranse a cabo coloquios, debates e presentacións, coa presenza de escritoras e escritores de prestixio na literatura galega como Manuel Rivas, Alberto Varela Ferreiro, Manuel Esteban, Bieito Iglesias, Pedro Feijóo ou Domingo Villar, entre outras.

Aberto á participación de todos e todas

Ao igual que na pasada edición, grazas á colaboración do escritor Héctor Cajaraville, creouse un misterio para resolver quen así o desexe: este ano haberá que anticiparse a alguén que está cometendo unha serie de crimes no barrio cun modus operandi moi específico. Dende esta semana repartiranse unha serie de pistas polos locais e comercios colaboradores. Calqueira persoa que o desexe pode participar a través do móbil, só queremos que nos axude a descubrir cando e onde se cometerá o seguinte crime, e anticiparse a el. Unicamente debe indicar a resposta que crea correcta, así como o seu nome e apelidos ou pseudónimo.

Haberá premio para a primeira persoa ou grupo de persoas que o adiviñe, así como sendos sorteos para aquelas que adiviñen a resposta correcta, pero non sexan a primeira, e tamén para o resto de persoas non acertantes. Aparte dun lote de libros coa sinatura de autoras/es presentes nesta edición da SEMANA DA NOVELA NEGRA, nos vindeiros días iranse dando a coñecer o resto de premios.

Trinta e sete establecementos colaboradores

Nesta segunda edición, xunto á Libraría Pedreira, hai outros 37 establecementos máis do barrio que colaboran nesta actividade de animación comercial. Son: 1000 Metros Cultura de Bar, Acivro Xoias, A Tenda de Carmiña, Barbería Milenio, Cadrado Doce, Café Bar a Esquina, Café Bar Caraveliños, Café Bar Home Santo, Café Bar Inés, Café Bar Oroña, Café Bar Sande (Javichy), Cervexería Merlego, Como Pez en el Agua, Cuadros Asorey, El Taller de Fer, Escola Unitaria, Floristería Embora, Joyería Ricardo, Kinga Haudek, Libraría Chan da Pólvora, Libraría Os Mundos de Carlota, M&M Ópticos, Mercería María Luisa, Mononoke, Óptica M&S, PaneArte Brigitte, QueroTé, Restaurante O Afiador, Restaurante A Moa, Restaurante O Dezaseis, Restaurante TS A Casa, Tabacos Bar, Tapa Tapiña, Tapería 2 Eles, Vermutería O Trasmallo, Triskel Artesanía e XeArte Brigitte. Algúns deles realizarán actividades relacionadas coa novela negra ou de misterio, as cales se irán dando a coñecer a través das redes sociais e outros medios de difusión.

O misterio está nas rúas do barrio: Home Santo, Angustia, Concheiros, San Pedro.

Comentarios