"Lembranza" chega a El Corte Inglés

"Lembranza" chega a El Corte Inglés

Con esta serie a autora homenaxea a todas aquelas persoas que hoxe xa non nos acompañan. Son imaxes cheas de historia e nostalxia

Do 15 ao 30 de marzo, o Salón de Ámbito Cultural do Corte Inglés de Santiago acollerá a exposición de fotografías “ Lembranza” de Sonia Vázquez Abelleiro. A exposición abrirase ao público hoxe día 15 a partir ás 19 horas, cun evento informal onde a autora charlará cos asistentes aclarando dúbidas e intercambiando experiencias cos asistentes.

“Lembranza” componse de 24 fotografías realizadas no 2017, no concello de Beatriz, (Ourense), aínda que nos conta a autora que naceu hai moitos anos, posiblemente desde que ten uso de razón, nos veráns da súa nenez ... As tardes baixo a sombra das cerdeiras, os veráns en bicicleta co seu irmán polo pobo, paseos dirección ‘a petada’ a recoller auga e de paso penetrarnos na casa familiar paterna, algunhas das fotografías que podemos contemplar son parte a súa historia familiar.

Con esta serie a autora homenaxea a todas aquelas persoas que hoxe xa non nos acompañan. Son imaxes cheas de historia e nostalxia. Nostalxia dos fogares que un día, hai moitos anos, os seus donos tiveron que tomar a difícil decisión de non mirar para atrás e seguir adiante, en busca de novas oportunidades. “É unha invitación ao espectador para abrir o baúl dos recordos”.

A compostelá Sonia Vázquez cóntanos que desde moi pequena gustoulle ver o mundo a través do visor dunha cámara. Con 17 anos inicia estudos de Fotografía Analóxica en Santiago, continúa a súa formación na Coruña onde obtén o título de Fotografía Artística pola Escola de Arte Superior de Deseño ( EASD) Pablo Picasso. Na actualidade desenvolve a súa carreira profesional como freelance en fotografía artística, fotografía de arquitectura e fotografía documental.

Comentarios