O IRAGA organiza un simposio de reprodución asistida

O IRAGA organiza un simposio de reprodución asistida
O IRAGA organiza un simposio de reprodución asistida

O autotrasplante en pacientes con menopausa precoz; a xeración de gametos in vitro; a edición xenética; os fallos de implantación ou o mosaicisimo embrionario forman parte do programa

Santiago acolle hoxe venres 15 de marzo a oitava edición do Simposio de Reprodución Humana Asistida organizado por IRAGA Unidade de Reprodución Asistida LA Rosaleda.

A inauguración do evento será ás 16:30 horas, a xornada desenvolverase no Hotel Monumento San Francisco.

Coma cada dous anos, os avances en reprodución asistida e na loita contra a infertilidade serán os protagonistas deste evento.

Nesta ocasión, as temáticas que se van tratar abarcan desde o autotrasplante en pacientes con menopausa precoz, a xeración de gametos in vitro, a edición xenética, os fallos de implantación ou o mosaicisimo embrionario.

O doutor José Codesido López, director de IRAGA, apunta que este evento supón “unha oportunidade para achegar a Santiago, cada dous anos, a expertos do primeiro nivel, ao mesmo tempo que compartimos experiencias e contribuímos ao progreso dunha disciplina na que resulta fundamental estarmos ao día”.

Comentarios
Lo más