Os alumnos do CEIP Ramón Cabanillas mobilízanse contra o cambio climático

Os alumnos do CEIP Ramón Cabanillas mobilízanse contra o cambio climático

Este venres, 15 de Marzo ás 11:40 horas, no patio do colexio, queren sumarse dunha maneira simbólica a este movemento xuvenil de loita polo clima

Os alumnos e alumnas do CEIP Ramón Cabanillas quérense unir ao movemento iniciado por Greta Thumberg, icona adolescente na protesta pola pasividade dos gobernos mundiais ante o cambio climático.

Este venres, 15 de Marzo ás 11:40 horas, no patio do colexio, queren sumarse dunha maneira simbólica a este movemento xuvenil de loita polo clima: abandonarán as aulas un intre para pelexar polo futuro, levantarán as pancartas cargadas de soños, lerán o manifesto cheo de proxectos e esperanzas, e poránse en marcha, dando o primeiro paso dun camiño longo e dificultoso. 

Esta é a pequena contribución á “folga escolar polo clima”, porque dende o colexio cren que “o cambio é posible e que o futuro está nas nosa mans".

Comentarios