Continúa unha xornada soleada na cidade

Continúa unha xornada soleada na cidade

En Compostela a temperatura mínima acadará os 5ºC e a máxima os 17ºC

O venres persiste a influencia anticiclónica sobre Galicia, polo que se agarda un día de ceos pouco anubrados ou despexados, con bancos de néboa matinais en comarcas do interior e algún intervalo de nubes baixas a primeiras horas na provincia da Coruña. 

As temperaturas mínimas quedarán sen cambios significativos mentres que as máximas experimentarán un moderado ascenso. En Compostela a temperatura mínima acadará os 5ºC e a máxima os 17ºC.

O vento soprará moi frouxo de compoñente oeste.

Comentarios
Lo más