O Sergas contesta á denuncia de CESM Galicia sobre o Concurso de Traslados de 2019

O Sergas contesta á denuncia de CESM Galicia sobre o Concurso de Traslados de 2019
Foto de arquivo
O Sergas contesta á denuncia de CESM Galicia sobre o Concurso de Traslados de 2019

Aseguran que "as prazas que se ofertan no concurso en marcha son, sen excepción, todas as ocupadas temporalmente ao 31 de decembro de 2018"

Relativo ao Concurso de Traslados 2019, dende o Sergas afirman a COMPOSTELA24HORAS que "Galicia é unha das poucas comunidades que ten establecido este procedemento, o cal permite unha adxudicación anual de prazas en aras da conciliación da vida laboral e familiar; ademais de ser un mecanismo que permite atraer profesionais doutros servizos de saúde, especialmente en categorías médicas deficitarias como a pediatría ou a medicina de familia".

Aseguran que "as prazas que se ofertan no concurso en marcha son, sen excepción, todas as ocupadas temporalmente ao 31 de decembro de 2018". Sosteñen que estas prazas fixérons públicas para que as organizacións sindicais poidan facer alegación para emendar erros ou omisións que se puidese producir, as cales están a ser analizadas. Pero subliñan que o Sergas xa manifestou na mesa sectoria que todas as prazas que curmpan criterio anterior serán ofertadas.

Tamén especifican que "un garantía da atención sanitaria, un reducidísimo número de prazas de facultativos especialistas levarán aparellado un requisito de acreditación; é o caso de prazas de cardioloxía da área de hemodinámica e electrofisioloxía; pediatría das áreas de neonatoloxía e coidados intensivos, ou radioloxía intervencionista".

Por último tamén resaltan unha novidade: "a taxa de reposición que se aplica é do 108%, incluíndo o 8% adicional previsto para as administracións públicas que cumpriron os obxectivos de estabilidade. Deste xeito, a Sanidade pública conta con 213 prazas extra . Inclúense neste cómputo as 81 prazas relativas ao 8% do sector da sanidade e as 132 cedidas por outros sectores públicos".

Comentarios