Urólogos chineses visitna os hospitais da área compostelá para coñecer as súas técnicas de nefrolitotomía percutánea

Urólogos chineses visitna os hospitais da área compostelá para coñecer as súas técnicas de nefrolitotomía percutánea
Urólogos chineses visitna os hospitais da área compostelá para coñecer as súas técnicas de nefrolitotomía percutánea

A unidade de endouroloxía do Servicio de Uroloxia da xerencia emprega a cirurxía máis avanzada para casos de litíase renal

A xerencia de Xestión Integrada de Santiago recibiu esta semana a visita dunha delegación de 10 urólogos de Pekín, que viaxaron para asistir a varias intervencións de nefrolitotomía percutánea en casos de litíase renal e para intercambiar coñecementos sobre este tipo de tratamentos cirúrxicos. Previamente, o doutor Daniel Pérez Fentes, responsable da unidade de Endouroloxía e Litíase do Servizo de Uroloxía da XXIS, fora invitado a explicar estas técnicas e a realizar cirurxías en directo no hospital Tsinghua Chaggung de Beijing.

Os integrantes da delegación chinesa puideron ver en directo no Hospital de Conxo as técnicas, e o día seguinte (foto) foron recibidos pola Xerente, Eloína Núñez Masid e polo doutor Camilo García Freire, xefe do Servizo de Uroloxía da Xerencia Integrada de Santiago, que xunto ao resto do servizo, participaron nunha sesión clínica impartida polo Doutor Meng Fu.

A Unidade de Endouroloxía e Litíase pertencente ao servizo de uroloxía da área compostelá aplica as técnicas cirúrxicas máis avanzadas para estas doenzas e conta cunha ampla experiencia na materia, pois xa leva realizadas máis de 600 intervencións deste tipo.

Víñanse facendo técnicas percutáneas e endourolóxicas dende 2001, e no ano 2008 creouse a Unidade como tal. O seu cometido é o tratamento integral da litíase urinaria, dende o diagnóstico até o tratamento médico e cirúrxico (ofrecendo as máis avanzadas técnicas de cirurxía minimamente invasiva), estudo metabólico en consulta especializada e seguimento.

Tamén conta unha ampla actividade docente. Urólogos nacionais e estranxeiros solicitaron poder formarse na Unidade para aprender estas técnicas e a filosofía que hai detrás delas. Amais, téñense realizado múltiples publicacións en revistas de impacto e diríxense, dende o servizo, varias Teses Doutorais.

Recentemente a unidade foi premiada na Reunión Nacional dos Grupos de Litiase, Endouroloxía, Laparoscopia e Robótica da Asociación Española de Uroloxía por un ensaio clínico multicéntrico, pioneiro a nivel internacional, que avaliou o uso combinado dun dispositivo médico e un complemento alimenticio no control do pH urinario de pacientes cun catéter dobre iota implantado.

O doutor Pérez Fentes recibió xunto a outras 9 unidades de Litíase e Endouroloxía referentes a nivel nacional, o Premio Arregui á mellor comunicación científica presentada na Reunión. Neste ensaio participaron, además do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, o Hospital Universitario de Bellvitge (Barcelona), o Hospital Universitario La Paz (Madrid), o Hospital Universitario Río Hortega (Valladolid), o Hospital Universitario San Cecilio (Granada), a Fundación Puigvert (Barcelona) o Hospital Universitario de Valme (Sevilla), o Hospital Álvaro Cunqueiro (Vigo), o Hospital Universitario La Fe (Valencia) e o Laboratorio de Investigación en Litiasis Renal do IUNICS de Palma de Mallorca.

Os resultados deste traballo dan resposta a unha necesidade médica non resolta, que afecta a unha parte importante dos pacientes con urolitíase que requiren un catéter urinario interno. Este descubrimento pode permitir diminuír o risco de complicacións asociadas a estes dispositivos, fundamentalmente a súa incrustación ou calcificación. Os resultados finais do estudo estanse a presentar estes días no Congreso Europeo de Uroloxía, onde o doutor Pérez Fentes participa, ademáis, realizando unha intervención cirúrxica para mostrar a técnica de nefrolitotomía percutánea, e que será retransmitida en directo aos asistentes.

Comentarios
Lo más