A Casa da Cultura de Lousame acolle hoxe sábado a proxección do documental Idénticas

A Casa da Cultura de Lousame acolle hoxe sábado a proxección do documental Idénticas

Terá lugar ás 19:00 horas na Casa da Cultura

A Casa da Cultura de Lousame acollerá hoxe sábado 16 de marzo, ás 19:00 horas, a proxección de “Idénticas”, unha peza elaborada por Luís Avilés Barquero e que recibiu recentemente o premio “Mestre Mateo” ao mellor documental do ano 2018. A cinta ten unha duración de 65 minutos e recolle a realidade da familia de Cayetana e Celia, dúas irmás xemelgas que sofren unha enfermidade ultrarrara como é a heteroplasia ósea progresiva. A entrada é libre e de balde.

“Idénticas” é unha homenaxe a todas as familias que sofren enfermidades raras, así como a todo o persoal sanitario, investigadores e todas aquelas persoas que apoian e axudan de forma desinteresada á Asociación Gallega de Heteroplasia Ósea Progresiva (ASGPOH) na loita por un futuro mellor para Celia e Cayetana. A proxección está organizada polo Concello de Lousame, en colaboración coa ASGPOH, AmanitaStudio, La Panificadora Estudios e Concello de Noia.

Comentarios