O Concello de Santiago abre expediente á adxudicataria dos comedores por incumprimento de contrato polo uso do galego

Foto de arquivo
O Concello de Santiago abre expediente á adxudicataria dos comedores por incumprimento de contrato polo uso do galego

María Rozas asegurou que a empresa xa fora apercibida no mes de xaneiro

O Concello de Santiago de Compostela acordou onte na reunión semanal iniciar a apertura dun expediente por incumprimento do contrato, en relación co uso do galego, á empresa Serunión, adxudicataria do servizo de comedores escolares.

As queixas recibidas foron o motivo da apertura de expediente en relación co imcumprimento do deber de utilizar a língua galega nos comedores. Dende o Concello indícase que a empresa xa fora apercibida no mes de xaneiro.

María Rozas, teniente alcalde de Santiago, informou onte dos feitos en sustitución a Martiño Noriega, o cal se atopaba en Madrid para a asiantura dun convenio para financiar os costes do proceso de diálogo competitivo para determinar o proxecto de construcción da nova depuradora de Santiago.

Comentarios