Un motorista ferido de gravidade en Boqueixón ao sufrir unha saída de vía

Un motorista ferido de gravidade en Boqueixón ao sufrir unha saída de vía
Foto de arquivo
Un motorista ferido de gravidade en Boqueixón ao sufrir unha saída de vía

O accidente tivo lugar ás 16:45 horas na N-525 ao seu paso polo concello coruñés de Boqueixón, moi preto da parroquia de Lestedo

Un motorista resultou ferido de gravidade esta tarde ao sufrir unha saída vía. O accidente tivo lugar ás 16:45 horas na N-525 ao seu paso polo concello coruñés de Boqueixón, moi preto da parroquia de Lestedo. Nese momento o 112 Galicia recibía a alerta do sinistro a través da chamada dunha particular.

Decontado, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia alertaban do suceso ao 061-Urxencias Sanitarias que, debido á gravidade das lesións, desprazou ata o lugar o helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela. Ademais, desde o 112 Galicia solicitouse a intervención dos Bombeiros de Santiago, dos axentes da Garda Civil de Tráfico e dos membros de Protección Civil da localidade.

Unha vez os servizos de emerxencia alí desprazados estabilizaron á persoa, a aeronave trasladouna ata Hospital Clínico Universitario de Santiago.

Comentarios
Lo más