Colisión de tres turismos en Moaña

Colisión de tres turismos en Moaña
Foto de arquivo
Colisión de tres turismos en Moaña

Sucedeu pasadas as 14:00 horas

Pasadas as 14:00 horas, tres turismos colidían na VG-4.5 á altura do acceso coa vía CG-4.1, no concello pontevedrés de Moaña. Foi a esa hora cando unha persoa particular chamaba ao 112 Galicia para informar do accidente. 

Con estes datos, dende o 112 pásase o aviso aos servizos sanitarios de urxencia, ao Bombeiros do Morrazo e aos axentes da Garda Civil de Tráfico. Así mesmo, púxose o suceso en coñecemento dos axentes da Policía Local e Protección Civil da localidade.

Comentarios