Alumnos do IES Espiñeira fixeron donaron 234,50€ a Asociación Barbancesa Axuda e Solidaridade

Alumnos do IES Espiñeira fixeron donaron 234,50€ a Asociación Barbancesa Axuda e Solidaridade

Baixo a coordinación da profesora do módulo de Xestión loxística e comercial, Julia Rodríguez, veñen de poñer en práctica un proxecto de creación dunha empresa ficticia

Directivos da Asociación Barbancesa Axuda e Solidaridade (A.B.A.S.) participaron durante esta semana no acto de entrega dun donativo de 234,50€, por parte do alumnado do 2º Curso do Ciclo Superior de Administración e Finanzas do I.E.S. Espiñeira. Baixo a coordinación da profesora do módulo de Xestión loxística e comercial, Julia Rodríguez, veñen de poñer en práctica un proxecto de creación dunha empresa ficticia. O citado negocio vendeu 200 xabóns, cuxos beneficios irán destinados á ONG comarcal A.B.A.S.

O secretario da entidade, Daniel De la Concepción Fernández, foi o encargado de recoller a aportación, que será destinada polo colectivo barbancés a programas de igualdade e dinamización de maiores. Dende Barbancesa de axuda e solidariedade, os seus directivos, explicaron ante o alumnado que " agradecían que escollesen a nosa entidade, porque casse sempre son as entidades xa grandes e que contan con moitos apoios as que soen ser beneficiarias deste tipo de doazóns. Por outra banda, este tipo de cousas non é unha obriga legal da sociedade, non existe unha lei que obrigue á cidadanía a ter que facer este tipo de cousas, pero si que debera de ser unha obrigación moral, a sociedade ten que sentirse partícipe na mellora e desenvolvemento da comunidade na que habitamos".

No acto de entrega, ademais do alumnado, profesora coordinadora e secretario de ABAS, tamén asistiu a Xefa de Estudos, Marta Alfonsín e o presidente da entidade sen ánimo de lucro, Francisco Javier Gómez.

Comentarios