Aprobada a demolición da vivenda que facía de tapón no barrio de Fondevila en Ribeira

Aprobada a demolición da vivenda que facía de tapón no barrio de Fondevila en Ribeira

A empresa que se encargará de realizar os traballos será Alberto Pérez Sampedro

A xunta de goberno local aprobou na súa reunión proceder coa demolición da vivenda de 70 metros cadrados (35 por planta) que invadía a vía pública no barrio de Fondevila e que foi adquirida no pasado outono polo Concello precisamente co propósito de derrubala coa fin de eliminar ese tapón e axilizar deste xeito o tránsito nese punto e mellorar a seguridade viaria.

A empresa que se encargará de realizar os traballos será Alberto Pérez Sampedro. A actuación supón un investimento de 14.888 euros, IVE incluído, e o prazo de execución son dous meses. Pavimentación con adoquín

As obras que se van a realizar inclúen, ademais da demolición integral da vivenda, a posterior pavimentación con adoquín de formigón da zona onde se asentaba o inmoble, aplicando o mesmo material que no contorno.

Comentarios
Lo más