Envorca un vehículo en Rianxo

Envorca un vehículo en Rianxo
Foto de arquivo
Envorca un vehículo en Rianxo

Sucedeu sobre as 23:45 horas de onte na estrada de Burés e Asados

O accidente tivo lugar en no concello coruñés de Rianxo ao envorcar o vehículo no que viaxaban cando circulaba pola estrada que une as parroquias de Burés e Asados.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia tivo constancia do suceso sobre as 23:45 horas da pasada noite. Foi unha persoa particular quen, a esa hora, alertou ao 112 dun coche envorcado, antes de chegar a Asados.

Recibido o aviso, os xestores de emerxencias do 112 Galicia axiña puxeron os feitos en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, da Garda Civil de Tráfico e dos Bombeiros de Boiro. Ademais, informouse aos membros de Protección Civil da localidade.

Comentarios
Lo más