Un home bate contra un muro co seu vehículo na Estrada

Un home bate contra un muro co seu vehículo na Estrada
Foto de arquivo
Un home bate contra un muro co seu vehículo na Estrada

Sucedeu pasadas as 02:30 horas no Cereixo

Un home resultou ferido despois de chocar o vehículo que conducía contra un muro. Como consecuencia do impacto, un poste de electricidade próximo caía enriba do turismo.

No momento de producirse o accidente, pasados uns minutos das 02:30 horas desta madrugada, o home circulaba pola estrada de Cereixo, no concello pontevedrés da Estrada.

Tras recibir a chamada de alerta de unha persoa particular, que indicaban ademais que podería haber persoas atrapadas no interior do turismo, decontado os 112 Galicia informaba aos 061-Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros de Deza e os axentes da Garda Civil de Tráfico. Tamén, dende o 112 Galicia solicitouse a colaboración dos membros de Emerxencias da Estrada, que unha vez no lugar, descartaron o uso do material de excarceración.

Comentarios