O persoal de servizos xerais respalda as propostas incluídas no novo model de atención primaria

O persoal de servizos xerais respalda as propostas incluídas no novo model de atención primaria
Foto de arquivo
O persoal de servizos xerais respalda as propostas incluídas no novo model de atención primaria

Esta aceptación por parte do persoal de servizos xerais engádese ao respaldo manifestado en días pasados polas categorías profesionais de enfermería e fisioterapia


Os profesionais da categoría de persoal de servizos xerais que participaron nos grupos de traballo de mellora da atención primaria expresaron o seu respaldo ás propostas recollidas no documento presentado pola Administración sanitaria galega. Así o ratificaron no marco das reunións que a Consellería de Sanidade continúa a realizar para a elaboración do novo Plan. Sanidade decidiu incluír o 85%, 46 das 54, alegacións presentadas por este colectivo.

Os representantes do Sergas reuníronse o xoves co grupo de traballo do persoal de servizos xerais co obxectivo de analizar as alegacións propostas por este colectivo ao borrador do novo modelo de atención primaria.

Sanidade lembra que o Plan é un documento aberto e o obxectivo é contar co maior consenso e construír este novo modelo coa participación de todos. Neste senso, o departamento que dirixe Jesús Vázquez Almuíña segue a traballar na mellora da atención primaria coa realización de reunións de forma que sexan os propios profesionais quen acheguen solucións ao modelo de atención primaria para os próximos anos.

Esta aceptación por parte do persoal de servizos xerais engádese ao respaldo manifestado en días pasados polas categorías profesionais de enfermería e fisioterapia, e que definen o novo modelo de atención no primeiro recurso asistencial, establecendo un proxecto de atención coordinada entre todos os profesionais da atención primaria.

Comentarios