Bugallo urxe un Plan de Seguridade que garanta as liberdades e dereitos da cidadanía e que estea operativo para o Ano Santo

Bugallo urxe un Plan de Seguridade que garanta as liberdades e dereitos da cidadanía e que estea operativo para o Ano Santo
Foto de arquivo
Bugallo urxe un Plan de Seguridade que garanta as liberdades e dereitos da cidadanía e que estea operativo para o Ano Santo

Para Bugallo existe un “falso debate”, xa que a seguridade lonxo de mermar a liberdade individual, en realidade, o que fai é garantir os dereitos e liberdades da cidadanía

O candidato Sánchez Bugallo, asegurou en rolda de prensa, que nos últimos tempos se está a evidenciar una degradación da calidade dos servizos públicos, entre eles a da seguridade. Para Bugallo existe un “falso debate”, xa que a seguridade lonxo de mermar a liberdade individual, en realidade, o que fai é garantir os dereitos e liberdades da cidadanía. Así, e ante os ataques ao patrimonio que se están producindo e a proximidade do Xacobeo 2021, o cabeza de lista do PSdeG-PSOE urxiu a necesidade de elaborar un Plan de Seguridade, que estea operativo no horizonte do ano santo.

Para Sánchez Bugallo, os atentados desta semana á Catedral, que “é o elemento referencial do patrimonio de todos os composteláns e compostelás”, poñen de manifesto que a seguridade en Santiago non está en bo estado e, dende logo, non “estamos en condicións de afrontar o Ano Santo”. A renovación tecnolóxica –para o candidato, renunciar á tecnoloxía, sobre todo cando algunhas das cámaras instaladas teñen ata vinte anos- é unha medida axeitada, o mesmo que incrementalas –lembrou que cando se instalaron no Ano Santo de 1993 suscitouse un debate do que hoxe ninguén se acorda e as cámaras xa instaladas funcionan sen que aconteza nada-. “Renunciar a incrementalas é abusrdo e disparatado”, dixo.

Dentro desde Plan Integral polo que Bugallo aposta para preparar o Ano Santo de 2021, ten que desenvolverse un documento propio, como apuntou, para a seguridade, que será “absolutamente esencial”. “Non podemos agardar a 2021 para facelo”, destacou o candidato socialista, que subliñou a situación precaria en número de efectivos tanto da Policía Local –con 50 baixas nestes anos e más que virán ata 2021-, da Policía Local –cun importante número de vacantes- e mesmo os Bombeiros –que perderon nos últimos anos case 0 50% dos efectivos-.

Ante esta situación, resulta necesario preparar o plan se seguridade, un plan específico para a cidade histórica, con protección especial dos monumentos e empregando, para iso, os mellores elementos teconolóxicos. Ademais, Bugallo manifestou o seu compromiso a traballar para tratar de cubrir as vacantes, aínda que recoñeceu que neste período de tempo vai resultar imposible chegar ás 50 prazas que se perderon na Policía Local. A este respecto, sinalou que “podemos chegar a 2021 con menos efectivos dos que había en 1993, é dicir, un retroceso de case 30 anos”.

“Hai que presentar un Plan a medio prazo, no que se contemple, por un lado, o incremento para a recuperación dos efectivos e, por outra, a mellora da prestación dos servizos para garantir a seguridade da cidadanía”, manifestou Xosé A. Sánchez Bugallo, que insistiu na seguridade como o principal garante de protección dos dereitos e liberdades das persoas. “E o Concello debe ser o primeiro interesado en garantir eses dereitos e debe definir os obxectivos prioritarios”, engadiu.

CANDIDATURA

Por outra banda, o candidato socialista aproveitou a rolda de prensa celebrada esta mañá na sede provisional da agrupación, no número 24 de Montero Ríos, para facer unha valoración da lista de homes e mulleres que o acompañarán nesta carreira á Alcaldía de Santiago.

Despois de explicar que non fixera anteriormente unha valoración pública polas limitacións e dificultades propias dos prazos internos, Sánchez Bugallo quixo agradecer a toda a militancia e a todos os integrantes da candidatura “polo enorme caudal de confianza depositado na miña persoa”. A este respecto, destacou a unanimidade có que o comité executivo local aprobou a candidatura, e o máis do 95% de respaldo da asemblea do pasado xoves. “Foi un apoio absolutamente maioritario”, indicou Bugallo, que tamén quixo expresar a súa satisfacción polo “equipo que conseguimos formar”.

“Temos un equipo sólido, moi compacto, moi traballador e moi comprometido coa cidade”, destacou Bugallo, que fixo fincapé no feito de que se combine nos 13 primeiros postos a experiencia de catro integrantes da lista nalgunga das corporacións municipal e un no goberno de Pérez Touriño coa de rostros novos no resto dos casos. Tamén subliñou que nestes 13 postos hai persoas afiliadas ao Partido Socialista e catro que non teñen afiliación política ningunha e, ademais, apuntou que as procedencias son moi diferentes: deporte, asociacións veciñais, mundo rural ou ámbito urbano. “En conxunto, configúrase un equipo moi potente, moi comprometido e moi ilusionado co proxecto e coa cidade”, afirmou.

A presentación pública de toda a candidatura, que está tarde manterá unha reunión na sede ás seis, será o día 26 de marzo. “Aí estaremos todos, menos Esther Pedrosa, número dez, porque estará en Polonia participando non campionato do mundo de pista cuberta”, dixo Bugallo.

EDAR

Preguntado pola sinatura desta mañá dun convenio entre o alcalde, Martiño Noriega, e o Ministerio de Medio Ambiente, relativo é EDAR, Sánchez Bugallo manifestou que, á espera de coñecer o contido concreto do documento, o que está a acontecer con esta infraestrutura estratéxica e fundamental é “inaceptable”. Lembrou que Noriega perdeu 42 meses do mandato en tomar unha decisión que non pode deixar fóra do financiamento dos fondos Feder.

Os prazos e o financiamento son, pois, as principais preocupacións para o candidato socialista, que considerando que o Goberno Central ten unha “gran responsabilidade” en toda esta situación xenerada polo PP en 2011 decidindo por un mero cálculo electoral o cambio de Silvouta ao Souto e aceptada por Madrid, alertou de que existan garantías para que o Estado non repercuta o custe do servizo na tarifa a pagar pola cidadanía.

“Estamos ante un despropósito, que ten un responsable directo, que é o PP, e unha falta de dilixencia por parte de Martiño Noriega, que tardou ata 2018 para decidir que tiña que voltar a ubicación a Silvouta”, concluiu.

Comentarios
Lo más