A UAD de Ribeira entrega unha caseta ao colexio O Grupo para contribuir ao seu proxecto sobre espazos inclusivos

A UAD de Ribeira entrega unha caseta ao colexio O Grupo para contribuir ao seu proxecto sobre espazos inclusivos
A UAD de Ribeira entrega unha caseta ao colexio O Grupo para contribuir ao seu proxecto sobre espazos inclusivos

A estrutura foi instalada no patio da escola e nada máis principiar o recreo os nenos e nenas demostraron a súa ilusión ante tal novidade facendo uso da mesma

Traballadores do Servizo de Drogodependencias de Riveira fixeron acto de entrega aos responsables do colexio O Grupo dunha caseta elaborada polos alumnos do módulo de carpintería coa fin de contribuír ao proxecto sobre espazos inclusivos que está a desenvolver este centro educativo.

A estrutura foi instalada no patio da escola e nada máis principiar o recreo os nenos e nenas demostraron a súa ilusión ante tal novidade facendo uso da mesma. Foi realizada ao longo de 15 días por 9 alumnos do taller de carpintería, segundo explicou o seu responsable, Manuel Casais. Os materiais coa que foi fabricada están especificamente adaptados ás necesidades dos colexios.

Pola súa parte, Purificación Cores, coordinadora do servizo, manifestou que foi o alcalde quen deu instrucións expresas para dar cumprimento a esta demanda plantexada por O Grupo. Para Xesús Cartelle, responsable da UAD, foi unha satisfacción enorme, especialmente despois de ver a sorpresa na faciana dos pequenos.

O director da escola, Anxo Corbelle, agradeceu tanto á UAD como ao Concello esta colaboración, en tanto que a profesora Nieves Lampón explicou as liñas mestras do proxecto de espazos inclusivos e avogou por que se estenda a todos os centros educativos do municipio.

Dende carpitería da UAD se está traballando xa noutro proxecto para colaborar co mundo do ensino como son os stands da Feira da Educación de Riveira que se celebrará o vindeiro mes.

Comentarios