Presentada unha nova edición de "Memoria de Oroso", unha publicación con imaxes do arquivo histórico do Concello

Presentada unha nova edición de "Memoria de Oroso", unha publicación con imaxes do arquivo histórico do Concello

A publicación recolle, a través das imaxes, a memoria de acontecementos históricos no concello e de entidades ou personaxes que deixaron unha fonda pegada en Oroso

O Concello de Oroso presentou un novo número da revista 'Memoria de Oroso. Revista do arquivo histórico de imaxes do Concello de Oroso'. Trátase do segundo número, correspondente ao ano 2018.

A publicación recolle, a través das imaxes, a memoria de acontecementos históricos no concello e de entidades ou personaxes que deixaron unha fonda pegada en Oroso.

“A memoria é fundamental para entender a historia dos pobos, para que as novas xeracións coñezan as súas orixes e para entender mellor o presente”, asegurou na presentación de onte o alcalde do Concello de oroso, Mirás Franqueira Manolo.

Pola sua parte, Manuel Pazos, coordinador da revista e responsable do arquivo municipal, lembrou que “a publicación faise en parte polas fotografías que os veciños e veciñas de Oroso achegaron ao arquivo”.

Neste número, hai unha serie de fotografías históricas de Sigüeiro e un achegamento ás parroquias de Oroso, unha reportaxe sobre a Sociedade Deportiva Deixebre e outra sobre a Casa Reitoral de Calvente, entre outros contidos.

Comentarios
Lo más