Pontón abre as portas do BNG aos descontentos co "lío" de En Marea

Pontón abre as portas do BNG aos descontentos co "lío" de En Marea
Foto de arquivo
Pontón abre as portas do BNG aos descontentos co "lío" de En Marea

En rolda de prensa, insistiu en abrir portas a todos aqueles que teñan o corazón en Galicia

Ana Pontón, portavoz nacional do BNG, calificou de proxecto sólido, unido e coherente o que presenta a súa formación na defensa dos intereses de Galicia. Tamén fixo mención á separación que sufriron as diferentes forzas que confluían en En Marea: Anova, Esquerda Unida e Podemos. 

Pontón abriu as portas do BNG: "As portas están abertas para todo aquel que teña o empeño de traballar para recuprar a nosa voz propia fronte a desfeita que fixeron os gobernos do PP e do PSOE en Madrid, e co apoio, todo hai que dicilo, de En Marea e de Podemos" afirmou Pontón. Defendeu que "hai moita xente cansa de asistir ao lío no que algúns converten a política xa que están máis preocupados por postos nas candidaturas, por esos codazos e por problemas internos de poder que por defender os intereses da cidadanía e resolver os problemas do país".

A líder nacionalista admitiu en rolda de prensa que no BNG se teñen equivocado en moitas ocasións pero que souperon aprender dos erros. Tamén afirmou que hai algo no que nunca erraron e foi saber de que lado están. Ademáis insistiu en abrir portas a todos aqueles que teñan o corazón en Galicia.

Comentarios