O PP de Noia presenta aos tres cabezas de lista para as vindeiras municipais

O PP de Noia presenta aos tres cabezas de lista para as vindeiras municipais
O PP de Noia presenta aos tres cabezas de lista para as vindeiras municipais

Santiago Freire Abeijón lidera a candidatura dos Populares noieses, con Mariola López de número 2 e a incorporación de Laura Salgado como número 3

O Partido Popular de Noia vén de presentar aos tres cabezas de lista para as vindeiras municipais. O candidato á Alcaldía polo PP de Noia, Santiago Freire Abeijón, terá como número 2 a Mariola López e incorpora á súa candidatura a Laura Salgado como terceira da lista.

Na súa intervención, Freire Abeijón asegurou que ten “depositada unha enorme confianza” en ambas as dúas candidatas, ao tempo que gabou a súa traxectoria profesional. “Son grandes coñecedoras do municipio e están moi implicadas en todo o que ten que ver co concello, ademais de coñecer o ámbito familiar da vila”, asegurou. Así mesmo, “teñen uns criterios de seriedade, rigor, implicación e compromiso que nos axudarán no desenvolvemento do noso programa electoral”.

Sobre Laura Salgado, o candidato á Alcaldía de Noia polo PP salientou a súa “formación universitaria en Economía” e o posto que actualmente desenvolve no eido da contabilidade empresarial. “A súa traxectoria profesional resultará moi útil á hora de desenvolver o noso proxecto para o Concello de Noia”, afirmou.

Sobre Mariola López Cierto, destacou o seu gran traballo nesta lexislatura como concelleira delegada de comercio, hostalaría, parques e xardíns, seguridade cidadá e viaria e limpeza viaria. “Unhas áreas nas que se teñen realizado numerosas actuacións para o benestar dos veciños e veciñas de Noia”, explicou Freire Abeijón.

Santiago Freire Abeijón aproveitou esta presentación para adiantar que “nas vindeiras semanas iremos dando a coñecer o resto de integrantes da candidatura do PP de Noia ás eleccións municipais. O que si podo asegurar é que os dez primeiros postos terán o mesmo número de homes  ca de mulleres”, asegurou. Unha clara aposta polo talento feminino que se pode comprobar nos tres cabeza de lista.

Comentarios
Lo más