Fernando Viqueira Nouche liderará a candidatura do PSOE en Ordes e plantexa "unha alternativa real de cambio" no concello

Fernando Viqueira Nouche liderará a candidatura do PSOE en Ordes e plantexa "unha alternativa real de cambio" no concello
Fernando Viqueira Nouche liderará a candidatura do PSOE en Ordes e plantexa "unha alternativa real de cambio" no concello

“Ordes ten que ser de novo o motor económico e social da comarca, o municipio está en declive e decidín non quedar impasible, hai que tomar partido”, afirma

Os militantes da agrupación socialista de Ordes celebraron onte pola noite unha asamblea na que elixiron por unanimidade como candidato á alcaldía a Fernando Viqueira Nouche, que plantexa “unha alternativa real de cambio” no concello.

“Ordes ten que ser de novo o motor económico e a cabeceira real da comarca, o municipio está en declive e decidín non quedar impasible, hai que tomar partido”, afirma Viqueira, que mantivo unha reunión de traballo co secretario xeral dos socialistas da provincia, Valentín González Formoso, e co secretario provincial de Política Municipal, Manuel Mirás, para explicarlles o seu proxecto.

Os socialistas de Ordes renovarán a súa candidatura e aspiran a gobernar tras as municipales de maio, cun proxecto ambicioso para o concello. “A rexeneración, a renovación e a reactivación son as tres ‘r’ para o noso obxectivo de cambio e transformación”, explica Viqueira, que amósase disposto “a falar con todo o mundo, sen exclusións, e por suposto cos veciños e veciñas para escoitar as súas demandas”.

“Hoxe é máis necesario que nunca defender os dereitos sociais e cívicos, non debemos perder o que tanto esforzo costou conseguir, por iso decidín participar en política e sumarme ao proxecto socialista”, engade o candidato, que sinte “orgullo por encabezar un proxecto de cambio para o meu concello”.

Natural de Ordes, 51 anos e avogado desde 1996, aínda que antes xa traballara como oficial do rexistro da propiedade de Santiago, Fernando Viqueira recalca que “Ordes debe volver a ser o motor económico e social da comarca; ese é o obxectivo que me marcarei se os veciños deciden que sexa alcalde”.

Nas próximas datas, os socialistas de Ordes pecharán o programa electoral e a candidatura, “paritaria e con persoas que teñan gañas e ilusión”. Pola súa parte, remata engadindo que “aportarei toda a miña experiencia vital e profesional para que Ordes sexa un auténtico referente de políticas sociais e de impulso económico”. 

Comentarios