Gonzalo Caballero tras a renuncia do ourensán Vázquez Barquero: "Temos un partido que ten moito banquillo e ao que se aproxima moita xente"

Gonzalo Caballero tras a renuncia do ourensán Vázquez Barquero: "Temos un partido que ten moito banquillo e ao que se aproxima moita xente"
Foto de arquivo
Gonzalo Caballero tras a renuncia do ourensán Vázquez Barquero: "Temos un partido que ten moito banquillo e ao que se aproxima moita xente"

Pola súa parte, José Luis Ábalos, secretario de Organización do PSOE, manifestou que "ainda hai tempo para buscar un acordo" no PSdeG

Gonzalo Caballero, secretario xeral do PSdeG-PSOE, quítalle ferro ao asunto dos cambios nas listas electorais en Ourense, Ferrol e A Coruña. Afirma que "temos unhas magníficas candidaturas, son as mellores" asegurando que agora toca remar nunha mesma dirección e fortalecer ao partido. Ademáis Caballero lanzou unha mensaxe: "Temos un partido que ten moito banquillo e ao que se aproxima moita xente".

Admitiu que os procesos electorais sempre xeneran tensións por parte de persoas que queren figurar nas listas, algo "humano" segundo a súa opinión, pero que ninguén se debe desviar da folla de ruta do PSdeG para as eleccións. 

Pola súa parte, José Luis Ábalos, secretario de Organización do PSOE, manifestou que "ainda hai tempo para buscar un acordo" no PSdeG, despois de que o portavoz do PSOE ourensano, José Ángel Vázquez Barquero, renunciara a ser candidato nas municipais por discrepancias na composición da lista. Segundo Ábalos en rolda de prensa, a Comisión Federal de Listas aínda pode facer "axustes" nas candidaturas municipais, ata que se teñan que remitir á Xunta Electora en abril.

Á renuncia do candidato de Ourense poderían sumarse outras, tras a intervención de Ferraz nalgunhas listas de Galicia con fin de incorporar nomes promovidos pola dirección rexional de Gonzalo Caballero.

Comentarios