Morre unha motorista en Piñor tras sufrir unha caída

Morre unha motorista en Piñor tras sufrir unha caída
Morre unha motorista en Piñor tras sufrir unha caída

Malia os esforzos do persoal sanitario, nada puideron facer por salvarlle a vida

Unha motorista faleceu esta tarde tras sufrir unha caída mentres circulaba coa súa moto pola N-525, á altura do punto quilométrico 267, na parroquia ourensán de San Paio de Loeda, en Piñor.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias recibiu a alerta dunha persoa particular pasados uns minutos das 16:35 horas de hoxe. Segundo o seu relato, o estado da motorista era grave.

De seguido, os xestores do 112 Galicia solicitaron a intervención do 061-Urxencias Sanitarias, que mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Ourense. 

Ata o lugar do accidente tamén desprazáronse os membros da Garda Civil de Tráfico, os voluntarios de Protección Civil da localidade e o persoal do servizo de mantemento da vía. Ademais, os Bombeiros de Carballiño foron informados por se fose necesaria a súa colaboración.

Comentarios