A Marea de Noia organiza un Faladoiro sobre Cultura

A Marea de Noia organiza un Faladoiro sobre Cultura
A Marea de Noia organiza un Faladoiro sobre Cultura

O terceiro Faladoiro Aberto da Marea Cidadá de Noia terá lugar no Hostal Valadares, o hoxe mércores 20 de marzo ás 20:30 horas

Tralo éxito dos dous faladoiros organizados pola Marea Cidadá de Noia de cara a recoller ideas e nutrir o programa electoral para as seguintes eleccións municipais, a Marea Cidadá de Noia aposta agora por un Faladoiro de Cultural.

A formación cidadá pensa que "a política cultural é un eixo fundamental da política municipal, e que son moitas as potencialidades non aprobeitadas polo actual goberno neste eido".

Convidadas a este Faladoiro están a dinamizadora cultural e experta en Bibliotecas Pili Sampedro, o técnico de cultura do Concello de Outes Santi Nieto, o xestor cultural Uxío Novo e a Concelleira do Concello de Compostela Branca Novoneyra. O acto será presentado polo actual concelleiro da formación Carlos Maquieira.

Este acto enmárcase na lista de Faladoiros Abertos propostos pola Marea Cidadá de Noia sobre os distintos eixos programáticos a abordar cara as eleccións municipais de maio de 2019.

Comentarios
Lo más