Fundación Rosalía e El Corte Inglés celebran o Día Mundial de Rosalía presentando o VII Concurso Escolar de Poesía Rosalía de Castro

Fundación Rosalía e El Corte Inglés celebran o Día Mundial de Rosalía presentando o VII Concurso Escolar de Poesía Rosalía de Castro
Fundación Rosalía e El Corte Inglés celebran o Día Mundial de Rosalía presentando o VII Concurso Escolar de Poesía Rosalía de Castro

No acto estarán presentes Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía, e José Manuel Blanco, director de Comunicación e Relacións Institucionais de El Corte Inglés Galicia - Asturias

A Fundación Rosalía de Castro e El Corte Inglés presentan o vindeiro xoves, 21 de marzo, ás 19:00 horas a sétima edición do Concurso Escolar de Poesía Rosalía de Castro dentro dun recital poético para celebrar o Día Mundial da Poesía. Na actividade participarán varias poetas noveis premiadas anteriormente neste certame, como María Vilas e Paula Antía Rey, galardoadas na primeira edición (2013) e na segunda, respectivamente.

O Día Mundial da Poesía foi instaurado pola Unesco en 1999 co principal obxectivo de “apoiar a diversidade lingüística a través da expresión poética e dar a oportunidade ás linguas amenazadas de ser un vehículo de comunicación artística nas súas comunidades respectivas”.

É por iso que Fundación Rosalía e El Corte Inglés, promotoras deste galardón, escollen esta xornada para presentar este premio, que na súa sétima edición, xa está consolidado na axenda literaria dos colexios de Galicia e no que participan cada ano máis de 200 alumnos e alumnas.

No acto estarán presentes Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía, e José Manuel Blanco, director de Comunicación e Relacións Institucionais de El Corte Inglés Galicia - Asturias.

Comentarios